SÖA estréase co espectáculo Fogar

A nova compañía levarán a Catoira este venres a súa primeira montaxe que reúne música e danza

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
imaxe de Fogar, de SÖA

imaxe de Fogar, de SÖA

O Auditorio de Catoira acollerá mañá, 30 de xuño, a estrea do espectáculo Fogar, primeira montaxe da compañía SÖA, formada polos galegos Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco xunto coa malagueña Marta Velázquez. Fogar é unha montaxe que reúne música, danza e "performance" nunha instalación sonora. Fogar conta con dirección e dramaturxia de Carlota Rosón Rojo e Marta Velázquez e coreografía de Libertad Pozo. A interpretación en escena corre a cargo dos tres compoñentes da compañía. O espectáculo fala, en clave onírica, sobre as raíces e sobre o corte con elas para avanzar na procura da liberdade individual. SÖA levarán tamén Fogar a Ribadumia, o vindeiro 14 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza do Concello.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Danza, Catoira, Medios de comunicación