A compañÃa Voadora abre o ano coa estrea do seu novo espectáculo Viñemos dalo todo. O vindeiro 24 de xaneiro o Auditorio Municipal de Rianxo acollerá a estrea desta nova produción que desde Voadora definen como "o noso manifesto, o noso manual e o noso pacto coa experiencia escénica desde o brillo de tódolos seus elementos: O movemento, a música e as imaxes". Marta Pazos asume a dirección e a escenografÃa é de Carmen Triñanes, sobre unha dramaturxia de Fernando Epelde. A interpretación corre a cargo de José DÃaz, Hugo Torres e Marta Pazos mentres que a música, elemento importante sempre nas obras da compañÃa e indispensable nesta, corre a cargo de José DÃaz e Hugo Torres. Trala estrea a obra estará no escenario rianxeiro os dÃas 28 e 29 para despois chegar ao Teatro principal de Santiago onde estará desde o 31 de xaneiro ata 2 de febreiro.
O espectáculo desenvolveu a súa fase de produción dentro do programa de Residencias Teatrais que o Concello de Santiago ofrece na Sala AgustÃn Magán. Viñemos dalo todo créase despois de que a compañÃa impartise o laboratorio Hemos venido a darlo todo no marco da Vª Muestra de Creación escénica - Surge Madrid, experiencia na que reflexionaban sobre como conxugar -desde a creación- a individualidade e a pertenza a unha masa, as modas, as correntes, os egos e a necesidade de ser únicos. Para Voadora este novo espectáculo representa "un compromiso co teatro que se sinte, máis que co que se pensa, para o que precisamos de tódolos vatios, todo o talento e toda a imaxinación do mundo".