Fotograma da videocreación
Unha cidade deserta, unha imaxe atípica de Santiago de Compostela, unha personaxe solitaria que se mimetiza con estruturas industriais, con cemento, natureza ou contedores. Durante os días 7 e 8 de maio, a compañía abordou a filmación, cos protocolos de seguridade establecidos polo goberno, o traballo de videodanza "Soy una humana", dirixida por Xosé Díaz, protagoniza Carmen Triñanes e na que Marta Pazos, a directora da compañía, pon voz a un tema musical composto por José Díaz. Trátase de parte da iniciativa #LaVentanaDeLaCreación, programada plo Centro Dramático Nacional "co obxecto de impulsar a creación de obras audiovisuais nacidas da experiencia do confinamento". Para Voadora, é unha reflexión "sobre a resiliencia e a capacidade do ser humano de adaptación ao medio".
 Miramemira.jpg)



