A compañía de teatro de vangarda Voadora regresa aos escenarios galegos esta primavera co seu celebrado Othello, co que son candidatos á mellor versión teatral nos Premios MAX. A peza, dirixida por Marta Pazos, poderase ver este venres 25 na XXII Mostra Teatro Clásico de Lugo e os días 26 e 27 de marzo no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Othello é a terceira montaxe de Shakespeare que aborda Voadora, estreada en Madrid o pasado mes de maio. O espectáculo, unha coprodución de Voadora coa MIT Ribadavia, o Teatro de La Abadía e o Nacional São João de Porto, pretende por o foco nas personaxes femininas da traxedia. A adaptación do libreto, asinada polo dramaturgo ourensán Fernando Epelde, está atravesada pola posverdade e as violencias machistas. Tamén, tal e como é habitual nas propostas de Pazos, a hibridación de linguaxes e a plástica terán especial protagonismo na escena. A actriz María Vázquez introducirase na pel de Desdémona, acompañada sobre as táboas polos intérpretes Ángel Burgos, Ana Esmith (Miss Beige), Chumo Mata, Hugo Torres e Joaquín Abella.
Na súa adaptación do clásico, Marta Pazos propón atacar a crueza do Othello desde a pulsión xerada por binomios como a verdade e a mentira ou o público e o íntimo. Para isto, a directora emprega a comedia como xerador de discurso. "A comedia é implacable. É o espazo para dicir a verdade máis rotunda", asevera. O espectáculo iniciará esta semana a xira por diferentes escenarios galegos e internacionais. A montaxe de Voadora nace dun lugar periférico, "desde o que investigamos os patróns de conduta machista do texto orixinal", sinala a directora artística. Durante o confinamento de 2020, a compañía realizou unha fonda investigación sobre as violencias machistas, as relacións de poder e a presenza de novas falsas (fake news) na vida cotiá. Ao longo de distintas sesións, Voadora compartiu experiencias tanto con axentes profesionais do ámbito da comunicación coma do ámbito das cuestións de xénero (educadoras sociais, traballadoras da liña telefónica 016 ou terapeutas, entre outras). A primeira cita será este venres, 25 de marzo, na XXII Mostra de Teatro Clásico de Lugo; para despois visitar Santiago de Compostela cunha dobre función, que terá lugar os días 26 e 27 de marzo no Auditorio de Galicia. Xa nos mes de maio, Othello poderase ver no Pazo da Cultura de Pontevedra (2 de maio), no 39º Heidelberg Stückemart (8 de maio), no Teatro Nacional São João de Porto (21 e 22 de maio), no Pazo da Cultura de Narón (28 de maio) e no Teatro Principal de Ourense (9 de xuño).