O programa Escenas do Cambio na Cidade da Cultura de Galicia ven de servir de marco para unha despedida que supón un verdadeiro cambio. Coa posta en escena da montaxe única 'Hoax Hamlet' a compañía Voadora puxo onte o punto final ao seu percorrido escénico de 15 anos de actividade. Fiel a súa máis pura esencia, a compañía fundada por Marta Pazos, Hugo Torres e Jose Díaz no 2007, despediuse coma tal cunha montaxe de teatro plástico, visual, reflexivo e desbordante, que bebe de diferentes disciplinas artísticas para ofrecer ao público unha experiencia escénica que non deixa indiferente. Con este 'Hoax Hamlet' dunha soa representación Voadora puxo sobre as táboas a todas e todos as e os integrantes da compañía nun emotivo adeus artístico, unha despedida en directo que supuxo a súa carta de amor e agradecemento por toda a escena vivida durante as súas máis de 20 producións. Na montaxe ademais quixeron amosar a súa experiencia aprendida nestes 15 anos de traxectoria qu rematan hoxe.
A compañía, unha das grandes referencias da vangarda escénica española - e Premio da Crítica de Galicia ás artes escénicas e audiovisuais no ano 2013-, asinou máis de 20 producións escénicas, das que colleitou numerosos recoñecementos e boas críticas. Voadora traballou dentro e fóra das nosas fronteiras en formatos reducidos (Happy End), óperas de gran formato (A amnesia de Clío), montaxes colectivas de índole social (Garage, Don Juan), adaptacións contemporáneas de textos clásicos (Othello, Sueño de una noche de verano, La tempestad), novas dramaturxias musicais (Hemos venido a darlo todo), estreas de textos premiados (Siglo mío, bestia mía), videoensaios (Soy una humana) e un longo etcétera de incursións en xéneros nos que sempre deixou a súa pegada. A mirada irreverente e a coidada e peculiar posta en escena caracterizaron o traballo de Voadora ao longo destes 15 anos de traxectoria. A compañía galega apostou desde os seus comezos pola investigación na creación contemporánea a través dun equipo formado por artistas complementarios de diferentes disciplinas (artes plásticas, música, cine e escena) cuxa hibridación deu lugar a pezas singulares e moi recoñecibles do seu propio estilo.
Recoñecementos e estreas pendentes
A compañía pecha o seu ciclo de produción activa, pero quedan pendentes algunhas citas cos recoñecementos polo traballo feito. Así é o caso da súa recente montaxe 'Othello' coa que son finalista ata a 8 Premios María Casares do Teatro Galego este ano. Na gala de entrega o 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro da Coruña podería darse a despedida do proxecto ante o sector escénico galego, no caso de finalmente acadar algúns destes premios. A obra tamén obtivo unha candidatura nos Premios MAX pola adaptación do texto, pero finalmente non paso á fase de finalistas. Marta Pazos (Pontevedra, 1976) pola súa banda xa estaba a desenvolver un intenso traballo fóra da compañía con outros proxectos que están actualmente en escena ou se presentarán entre este ano e ao que ven. Actualmente segue en xira a montaxe ' As oito da tarde cando moren as nais', que dirixe para o Centro Dramático Galego. Como directora, Pazos presentará xunto a Christina Rosenvinge e María Folguera o espectáculo, 'Safo Fragmento 36', un poema visual, musical e escénico que se estreará no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida este mes de xullo. Ademais na primavera de 2023 está prevista a estrea da ópera 'Alexina B.' producida polo Gran Teatre del Liceu de Barcelona na que Pazos asume a dirección de escena.