Matarile Teatro celebra trinta anos cunha retrospectiva da súa última etapa

Achega tres obras do seu repertorio ao Teatro Principal de Compostela en Marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Matarile Teatro celebra trinta anos cunha retrospectiva da súa última etapa

Teatro invisible, Staying alive e El cuello de la jirafa son as tres obras que Matarile Teatro lle achegará ao público compostelán para conmemorar os seus trinta anos de existencia. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentaba esta mañá canda a Ana Vallés e Baltasar Patiño, de Matarile Teatro a programación que se desenvolverá en marzo. O Teatro Principal acollerá as tres funcións da obras, que fan parte do repertorio da compañía desde que esta retomara a súa actividade en 2013 logo de varios anos de pausa. O 1 de marzo poderá verse Teatro invisible, os días 2 e 3 será a quenda de Staying alive, a incluír na última data unha acción extraída de Hombres bisagra, outras das obras recentes do grupo. Fechan o programa dúas funcións de El cuello de la jirafa os días 4 e 5 de marzo. Este último día tamén se celebrará unha mesa redonda sobre a escena contemporánea no propio teatro.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Matarile Teatro, Baltasar Patiño, Ana Vallés...

Claves

Entidades
Conceptos