Matarile volta con Staying Alive e Teatro invisible

As novas obras fan parte do seu traballo como compañía residente da USC

23/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Auditorio da Universidade de Santiago (USC) acollerá os vindeiros 27, 28 e 29 de setembro e 4, 5 e 6 de outubro a estrea do espectáculo co que Matarile Teatro retorna aos escenarios. Staying Alive é a primeira das producións da compañía de Ana Vallés como grupo residente da USC. A obra contará coa propia Vallés como directora e intérprete, a quen acompañarán Mónica García, Rut Balbís e Nuria Sotelo no escenario. Para marzo de 2014 está prevista a estrea de Teatro invisible,unha produción na que se repasarán as claves escénicas da compañía e que contará con diferentes convidados que actuarán como interlocutores dunha escena.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, USC, Nuria Sotelo, Ana Vallés...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos