Matarile teatro estrea este sábado en Oviedo unha nova produción

'Los limones, la nieve y todo lo demás' está interpretado e dirixido a dúo por Ana Vallés e Mónica García

17/7/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A compañía Matarile Teatro estreará este sábado dentro do Festival de Verán de Oviedo o seu novo espectáculo Los limones, la nieve y todo lo demás. A Praza de Trascorrales da capital asturiana acollerá ás 22 horas esta produción que interpretan e dirixen a dúo Mónica García e Ana Vallés e que conta con iluminación e escenografía de Baltasar Patiño. En Los limones, la nieve y todo lo demás Matarile explora a tentación de deixalo todo e marchar correndo a outro lugar e o desexo de atravesar a fantasía e os feitos reais das nosas personaxes inventadas. Tras desta estrea a Matarile iniciará unha xira levará a súa produción por festivais e teatros.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

03/12/2009

A creación en rebeldía

Matarile reflexiona sobre o fastío da repetición e do previsible no seu último espectáculo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Matarile Teatro, Oviedo, Ana Vallés...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares