Matarile estrea o seu Teatro Invisible no ALT de Vigo

Será o xoves día 13 de marzo ás 19h na Casa das Artes de Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Foto: Jacobo Bugarín

Foto: Jacobo Bugarín

En decembro de 2012 Ana Vallés, directora de Matarile Teatro, mantivo un encontro cos alumnos da Escola Superior de Arte Dramática en Vigo. O tema era a dirección e as formas teatrais de Matarile. Este encontro concretouse nunha conferencia de apariencia teatral, pero a partir desa experiencia, Vallés decide desenvolver Teatro Invisible. O obxectivo: mostrar as principais claves do teatro da directora e da compañía. A obra estrearase o xoves 13 de marzo ás 19 h. na Casa das Artes de Vigo, no marco do Festival ALT.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Casa das Artes, Ana Vallés, Escola Superior de Arte Dramática...