O comité organizador dos Premios Max das Artes Escénicas deu a coñecer hoxe, 2 de abril, os finalistas das 19 categorÃas a concurso da XXII edición destes galardóns, organizados pola Fundación SGAE co propósito de recoñecer o talento dos profesionais do Teatro e a Danza en España e a promoción dos espectáculos da temporada. Entre os 57 finalistas está a autora, directora e actriz galega Ana Vallés, candidata a Mellor Dirección de Escena polo seu traballo en Circo de pulgas , da compañÃa Matarile Teatro da que ela é fundadora. A candidatura de Vallés foi a única das cinco ás que optaba Matarile con esta obra que chegou á fase final. O seu talento compite co doutros dous profesionais de recoñecido prestixio: Xavier Albertà (por Temps Salvatje) e SÃlvia Munt (por La resposta). Os gañadores da XXII edición dos Premios Max das Artes Escénicas daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio na gala que se celebrará no Teatro Calderón de Valladolid.