As propostas galegas conseguen entrar como candidatas en 12 das 20 categorÃas da XXV edición dos Premios MAX das Artes Escénicas organizados pola SGAE. Un total de 179 espectáculos de entre os 449 inscritos a concurso resultaron seleccionados para participar como candidatos nesta ocasión. O espectáculo de danza DeMente, de Fran Sieira, é con sete candidaturas a montaxe galega que máis presenza acada nesta lista presentada onte polo Comité Organizador dos galardóns. Tras del está a produción de Matarile Teatro 'El diablo en la playa', de Ana Vallés, que ten cinco candidaturas en outras tantas categorÃas. A montaxe do Centro Dramático Galego 'O charco de Ulises' acada 4 candidaturas. Marta Pazos está tamén presente con dúas candidaturas pola escenografÃa de 'Terceiro acto' e pola adaptación de Othello, xunto a Fernando Epelde. Tras esta primeira fase, un tribunal formado polos tres presidentes dos xurados territoriais (Madrid, Cataluña e Comunidades), catro personalidades das Artes Escénicas e un membro do Comité Organizador, será o encargado de decidir os finalistas.
DeMentes sen fronteiras
Se en anteriores edicións dos Premios MAX a danza galega estivo presente con éxito grazas a producións de Nova Galega de Danza, este ano toma o relevo a compañÃa de Fran Sieira, co espectáculo DeMente, que é candidato ao mellor espectáculo de danza do Estado. Fran Sieira, que agora goza de sona internacional por ter acompañado ás Tanxugueiras no Benidorm Fest , entra en sete meritorias categorÃas destes galardóns. Nunha delas é xustamente a Tanxugueira, Aida TarrÃo, como integrante do elenco do espectáculo de baile, a que opta ao premio a Mellor Intérprete feminina de Danza. O premio en masculino está tamén entre as candidaturas para o propio Sieira. O espectáculo DeMente, presenta a través dunha obra de baile e música tradicional galega para público adulto os estigmas das enfermidades mentais e como foron tratadas historicamente con métodos represivos. A montaxe entra tamén entre as candidaturas a mellor labor de produción, mellor deseño de vestiario, mellor composición musical para o traballo de Cristian Silva e de mellor deseño de iluminación, categorÃa esta na que compite coas outras dúas montaxes galegas máis presentes nas candidaturas.
Vallés & Patiño
O espectáculo 'El diablo en la playa' de Ana Vallés e Baltasar Patiño (Matarile Teatro) é outra peza de creación galega que obtén presenza nesta primeira fase dos Premios MAX. A montaxe foi seleccionada para optar ao premio a Mellor espectáculo de Teatro e ambos artistas constan por ela tamén entre as candidaturas a mellor autorÃa, xunto con Claudia Faci. Vallés tamén é candidata á mellor dirección de escena con esta produción centrada no corpo e na fraxilidade. Baltasar patiño acada tamén duás candidaturas polo seu traballo na obra: a do deseño do espazo escénico e o deseño de iluminación, esta compartida con Miguel Muñoz.
O Charco recolocado
A cabeceira pública galega de teatro, o Centro Dramático Galego, coloca a súa produción 'O charco de Ulises' ben recoñecida nesta lista inicial de candidaturas aos premios estatais co presenza en catro categorÃas, unha delas a de mellor espectáculo teatral. A montaxe foi obxecto dunha corrección por parte do Comité Organizador dos premios, que decidiu recolocar a inscrición feita para a obra como candidata a mellor autorÃa pasándoa á de Mellor Adaptación ou versión, toda vez que o comité sinala que a obra é unha versión de A Odisea, de Homero. Santiago Cortegoso opta, polo tanto, ao premio como adaptador da versión. O propio Cortegoso, xunto a Marián Bañobre, son tamén candidatos pola dirección de escena da montaxe. A produción do CDG opta tamén ao premio ao deseño de iluminación polo traballo realizado por Salvador del RÃo.