Un total de catorce persoas, varias delas escolleitas mediante convocatorias públicas, conforman o equipo de Daimon y la jodida lógica. Matarile Teatro estrea este 6 de setembro a súa nova montaxe de grande formato, unha proposta na que se mesturan música ao vivo, coreografías e texto baixo a dirección de Ana Vallés. A Sala Ártika de Vigo acolle ata o día oito esta montaxe, para a que xa están ás venda as entradas. Con posterioridade, a compañía ten previsto continuar a súa xira por Bilbao e Madrid.
Segundo explica Ana Vallés na presentación da obra, o Daimon é "o destino, a voz da conciencia, a intuición, anxo ou demo, o rumoreo da voz interior que detén ou empuxa. Presenza oculta, imprevisible, que determina actos e decisións que non podemos explicar racionalmente. Podemos darlle unha corporeidade, unha presenza escura ou colaboradora, imaxinarnos unha figura que nos acompaña e que non é eu, e noso eu quedaría intacto, íntegro. Pero a min interésame máis o daimon que tamén é eu, noso eu incomprensible, unha parte de nós que conecta co irracional, co misterio, co fantástico; unha porta ao extraordinario, ao que nos salva, ao sublime ou á tolemia. Digamos que esta muller non é feliz, non o foi. Digamos o que foi achado dentro dun armario, no roupeiro. Falemos de perrucas convivindo con ensaios de filosofía. Falemos de almorzos, cigarros, mans, refuxios, quizais do gato, daquela voz; das cousas que importan".