Fecha a histórica galería Pardo Bazán da Coruña

O espazo de arte abrira as súas portas en 1987

Logo de case 27 anos de traballo, o vindeiro 24 de decembro fechará definitivamente as súas portas a veterá galería de arte Pardón Bazán. A cidade da Coruña perderá así un espazo emblemático que abrira as súas portas en 1987 e que acolleu desde entón mostras de autores tan destacados como Laxeiro, Seoane, Granell ou Maruja Mallo entre outros. Como despedida, a galería organiza unha mostra antolóxica que amosa os traballos dalgúns dos autores máis representativos que pasaron pola sala.