Logo de anos a traballar as relacións entre arte e deseño o Espazo Sirvent, tenda dedicada ao mobiliario contemporáneo, anuncia a posta en marcha de SVT Espazo de Arte. Esta nova iniciativa abrirá o vindeiro 14 de marzo como unha galería e achegará exposicións cada dous meses coa coordinación do comisario e artista Ángel Cerviño. SVT funcionará de forma autónoma á tenda nun cubículo de 20 metros cadrados e, segundo adianta La Voz de Galicia, para alén de amosar creacións artísticas achegará tamén unha programación de encontros con autores, concertos de música contemporánea, conferencias e propostas similares. Unha exposición de Xosé Vilamoure será a responsable de abrir o espazo.