Galería Monty4 abre o seu proxecto a residencias artísticas

A italiana Roberta Venanzi e a española Paula Freire inaugurarán este novo programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Hai case tres anos abría a súas portas na Coruña a Galerya Monty4 coa intención de achegar novas propostas de arte contemporánea tanto a nivel expositivo como formativo. Agora, o proxecto abre unha nova dimensión ao por e marcha unha residencia de artistas que permitirá a creadores nacionais e internacionais desenvolver un proxecto creativo no seu espazo. A rehabilitación dunha vivenda ao lado do espazo expositivo, estrearase coas residencias da italiana Roberta Venanzi e da española Paula Freire. As novidades deste espazo non se esgotan aquí, senón que o vindeiro 4 de xullo abrirá un novo espazo para organizar concertos, proxeccións, presentacións e outras actividades que complementen o proxecto cultural que viña desenvolvendo.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares