SCQ inaugurará un novo espazo para acoller o seu proxecto expositivo logo que Cristina Barrera anunciara o peche de VGO

A disolución do eixe

Logo de seis anos sendo un referente da arte contemporánea en Vigo, a galería VGO pecha as súas portas. Non se trata só do peche dun espazo artístico, senón do cambio dun proxecto expositivo que afecta a dúas galerías. VGO era o resultado dunha proposta conxunta con SCQ, dous espazos que compartían un proxecto aínda que funcionaban como entidades independentes. Cada galería tiña a súa propia dirección e ambas presentaban un programa conxunto para acudir a exposicións e feiras como ARCO, evento ao que asistiron nas últimas catro edicións. Este cambio leva parello dúas direccións. Por unha banda que Cristina Barrera, directora de VGO anuncie a creación dunha nova galería na cidade olívica para o outono e, pola outra, que todo o proxecto xa existente se concentre en SCQ. Para iso, a galería dirixida por Adolfo Sobrino e Mónica Iglesias inaugurará un novo local (Pérez Constanti, 12) en Santiago o vindeiro mes de setembro adecuado ás novas dimensións do proxecto. A obra da artista Carmen Calvo será a encargada de abrir a nova etapa de SCQ.

Máis información sobre o peche de VGO no Faro de Vigo