Carmen Calvo expón en SCQ a súa visión do erotismo e fetichismo

A mostra poderase ver na galería ata o 14 de xaneiro

10/12/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
8 lecturas | Compartido 0 veces

Detalle de San Paulo nº 1, 2007, de Carmen Calvo. Foto: SCQ.

A partir de hoxe poderase ver na galería SCQ de Compostela o terceiro proxecto expositivo da artista valenciana Carmen Calvo. Concibido especialmente para o espazo da galería, a exposición amosa fotografías antigas recuperadas e transformadas pola artista, con imaxes de contido erótico e sexual, así como "unha particular e complexa representación iconográfica", xogando co concepto de fetiche e mesmo coa idea de espazo sacro.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos