Juan Adrio expón Tempo Gris en Compostela

A Galería Sargadelos acolle as fotografías do pontevedrés ata o 30 de xaneiro

4/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Galería Sargadelos de Santiago de Commpostela acolle, a partir das sete da tarde de mañá, a exposición Tempo Gris. Ata o vindeiro trinta de xaneiro poderán verse as fotografías deste autor que xa estiveran expostas no Pazo da Cultura de Pontevedra. O proxecto, comisariado por Ramón Rozas, céntrase en imaxes do horizonte mariño en grande formato, que se completan con outras perspectivas arredor desa liña e con xogos de palabras sobre a paisaxe.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Sargadelos, Galería Sargadelos, Ramón Rozas...