Pecha a galería Bacelos en Vigo

Fundada en 1990 foi un referente da arte contemporánea no noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Intervención de Eduardo Basualdo en Bacelos Madrid.

Intervención de Eduardo Basualdo en Bacelos Madrid.

Logo de dezaoito anos de actividade e coa admisión para ARCO deste ano xa fechada, a galería Bacelos de Vigo anuncia o seu feche. As dificultades económicas finalizan o proxecto que lideraba Pepa Gómez Montesinos e que chegou a ser un referente galego neste campo, cunha importante presenza en feiras internacionais. Foi ademais a primeira galería do noso país que abriu, en 2012, unha delegación en Madrid, espazo que tamén fecha as súas portas. A seguir a liña de conexións entre creadores locais e internacionais que promovía desde Bacelos, Gómez Montesinos anuncia a posta en marcha dun novo proxecto, Charco, que quere promover o intercambio entre artistas das dúas bandas do Atlántico, segundo informa La Voz de Galicia.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

ARCO como pasaporte

ARCO como pasaporte

As tres galerías galegas asistentes a ARCO reivindican o seu valor para a proxección internacional

Arte arriscada

Arte arriscada

Descubre as obras que estarán presentes na feira Espazo Atlántica

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Vigo, ARCO, La Voz de Galicia...

Claves

Conceptos