ARCO como pasaporte

As tres galerías galegas asistentes a ARCO reivindican o seu valor para a proxección internacional

“Non nos podemos permitir o luxo de non asistir, é a única saída para un proxecto como o noso neste momento” . Pepa Montesinos, da galeria Bacelos, ten moi clara que é ARCO, feira de arte contemporánea é unha cita ineludible. Coinciden con esa visión tanto Inés Ramiro de Ad Hoc como Raul Villalba da galería SCQ. Son as tres empresas que decidiron ir a ARCO (nesas mesmas datas hai en Madrid outras dúas feiras, ART Madrid e JustMAD) porque, ademais das vendas obrigadas neste espazo, serve de aval na súa estratexia internacional. ARCO é moito máis que unha feira de arte contemporánea.

Con indendependencia dos cambios que a organización de ARCO somete ás galerías que ano tras ano compiten por estar presentes nesta feria, todos os participantes teñen moi claro que é una referencia indiscutible. “ARCO é moi importante tanto para as galerías como para os artistas, adquires presenza internacional” asegura Raúl Villalba, membro do equipo da Galería SCQ. Pero o seu valor máis alá porque o propio Villalba ten claro que “se ti pides solicitudes para calquera feira de fóra de España, miran se estiveches en ARCO, é un criterio destacable”.

A relevancia das feiras
Asitir a unha feira non é un capricho. Máis ben todo o contrario, unha galería gasta unha media de 20.000 euros por asisitir a este encontro que, mal que pese, aínda está lonxe de estar entre as primeiras citas do mundo no seu sector. “Nesta ocasión gustaríanos ter gustado non ir, por cuestións non administrativas e tendo en conta como está a situación económica, pero alá estamos, con todas as ganas de vender e defender o traballo dos nosos artistas” asegura Inés Ramiro. Pepa Montesinos é aínda máis drástica “desde un lugar periférico como Vigo non podemos sobrevivir e a única forma de facelo é saír a exhibir o traballo dos artistas e as liñas de traballo da nosa galería”.

Con todo, tendo asumida que a decisión é moi importante, ARCO é a cita máis importante do traballo de proxección exterior das galerías. Bacelos estará presente tamén en Pulse Miami e Volta Art Fair en Basel ( Suíza). Inés Ramilo de Ad Hoc afirma que “este ano estamos MACO (México), Miami Basel que será no mes de decembro e posiblemente, así completemeos a nosa presenza”. O ano pasado a galería viguesa estivo en feiras en Nova York, en Chicago, e en Basilea… “algúns modelos, como a de Chicago non nos convenceron demasiado, e outras ás que acudimos no pasado, como a de Turín, malia que nos interseaba moito pola súa alta calidade, ao fienal é moi difícil vender alí e ao principio íbamos bastantes galerías porque non era posible aguantar”.

A estratexia de SCQ é que ARCO, “como escaparate internacional, e dentro das feiras que valoran a súa participación nela, valórase moitísimo que ti estés dentro da feira máis importante e isto permítenos estar en ART Colonia (abril) que é a primeira vez que imos”, asegura Raul Villalba. SCQ tamén estará presente en ART LISBOA, encontro no que estiveron a primeiros dos anos 2000 e que despois deixaron de ir e a súa intención é de abrir mercado en Latinoamérica (na MACO) e asia (con ART Honkon)


As novidades desta edición
“Este ano, a organización da feira, para facer algo diferente, ocorreuselle a idea de que cada galería persentara a artista destacado. No noso caso escollemos a Carme Nogueira”, apunta a directora da galería Ad Hoc. Ao redor desta artista, que levou numerosos recoñecementos últimamente, así como as bolsas Marcelino Botín e Centro Cultural Montehermoso de Vitoria, as máis destacadas para arte contemporánea, a galeria leva outras figuras. De “Xoan Anleo leva unhas fotos que fixo sobre un video en Brasil a raíz da experiencia nun hotel, no espazo do hotel, e despois nomes que xa repiten como Jasmina Cibic, Suso Fandiño, Enrique Lista, Rubens Mano e Jorge Perianes”.

Para Galería Bacelos, o seu artista destacado é o portugués Miguel de Palma. E canda el, haberá obra de Manuel Vilariños. “No noso caso levamos un número de artistas maior porque cantos máis artistas poidamos levar, máis posibilidades teremos” asegura Montesinos.

Raúl Villalba da Galería SCQ explica que “nós sempre tentamos presentar o traballo diario que facemos na galería que traballamos todo ano. Este ano é un pouco especial porque é presentar un artista destacado, neste caso o escultor portugués Rui Chafes, que é marca da casa. Fixemos unha exposición o ano pasado e o traballo é constante con él, define completamente a liña da galería”. No anexo a este espazo, a galería tamén presenta unha combinación de diferentes artistas e disciplinas, pero que están na mesma liña de traballo. "Define artistas novos que están a empezar a traballar con nós, que será un labor no tempo e que será na mesma liña de Calapez… Non imos facer nada diferente nin traizoar ningunha das liñas de traballo habitual" aseguraba Villalba ao tempo que confirmaba que Winter & Hörbelt, Fernando Sinaga, Corban Walker, Natalia Stachon, Tobias Lehner, Iran do Espírito Santo, Dan Graham e Pedro Calapez, conforman o seu stand nesta edición.

Se hai outro aspecto no que coinciden as tres galerías é na situación complicada pola que pasan este tipo de negocios. “En época de crise desaparece o coleccionista medio, ese que inviste arredor de 3.000 euros, que ten un perfl de xente nova que merca a prazos” explica Montesinos.

Esta edicion
A cita coa arte contemporánea é en Madrid do 15 ao 19 de febreiro. E, ao lado das galerías galegas haberá outros artistas, no que tamén figura outros nomes. É o caso da coñecida Ángela de la Cruz, finalista dun premio Turner, que estará no panorama xeral por ser a artista destacada da galería Krinzinger de Viena. Outro galego, o santiagués, Rubén Ramos Balsa estará outro ano máis na cita da man da galería Fúcares de Madrid. Pola súa banda Manuel Segade, é o responsable de seleccionar as 22 galerías que conforman o programa “openings”, o máis novo de galerías de recente creación. Canda a todo isto, a feira acolle a presentación, da man da editorial Dardo, do catálogo da iniciativa Un disparo de advertencia, que se celebrou en Lalín entre 2 e o 11 de setembro do pasado ano.