Oito artistas crearán obra sobre si mesmos no proxecto creativo Té con madalenas

A iniciativa que abre ao público todas as fases desenvólvese ata setembro no espazo Normal

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Oito artistas crearán obra sobre si mesmos no proxecto creativo Té con madalenas

Normal, o espazo de arte vencellado á Universidade de Coruña, convida a un Té con madalenas. Trátase dun proxecto de creación artística no que oito artistas falarán de si mesmos e dos tempos, espazos e memorias que os constrúen creando obras de arte. Begoña Ante, Paula Cabaleiro, Carolina Cruz Guimarey, Christian García Bello, Lula Goce, Jorge Perianes, Laura Piñeiro e Neves Seara participan neste proxecto que comisaría Clara Rodríguez. A proposta ten como punto forte, que todo o proceso de creación de cada obra de arte será totalmente público. A súa creación e montaxe arrinca o 3 de xuño e rematará o 19 de xullo (ás 20:00 horas) cunha “non inauguración”.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arte para reparar o patrimonio

Arte para reparar o patrimonio

O proxecto Legado Coidado explora as posibilidades da participación colectiva combinada coa creación contemporánea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Neves Seara, Seara

Claves

Protagonistas
Entidades