As creadoras enrédanse

Unha exposición exhibe en Ponferrada a obra de artistas galegas e leonesas

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
As creadoras enrédanse

É unha realidade do panorama actual. As artistas non se expoñen, non se venden, non se critican, non lles conceden premios, especialmente os institucionais. Con todo, son elas as que nos últimos tempos motivan e promoven gran parte da creación contemporánea. Iso levou a unha muller, a comisaria Paula Cabaleiro (Cangas, 1986) a reflexionar sobre a importancia da presenza feminina. A proposta xorde como un proxecto expositivo nunha galería de Ponferrada (Dosmilvacas), pero pretende ir máis alá creando, de aí o nome da proposta, redes de colaboracións e cooperación entre axentes do sector e do mercado da arte. A parte expositiva deste proxecto arrincou esta fin de semana en Ponferrada. Son as “Artistas en rede”.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Cangas

Claves

Conceptos
Lugares