O Museo de Arte Contemporánea concede as súas bolsas de creación no estranxeiro

Os destinos dos artistas galegos serán Nova York, Bruxelas e os Alpes suízos

21/12/2017 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
4 lecturas | Compartido 0 veces
Tres mozos artistas galegos acaban de ser galardoados coas Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro que convoca Gas Natural Fenosa. Trátase de Jacobo Bugarín, que se desprazará a Nova York polo seu proxecto "Detrás de la casa había un bosque", Christian García Bello, que desenvolverá en Bruxelas "Ascetisch Paysage" e Irene Grau, que realizará o seu proxecto nos Alpes Suízos. As bolsas teñen unha contía de 16.000 euros cada unha e están destinadas a cubrir os gastos de desprazamento, alugueiro de espazos, manutención e materiais de produción. Os proxectos serán expostos no Museo de Arte Contemporánea de Gas Natural Fenosa na Coruña en 2019.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos