O MAC amplía a formación de artistas cun programa de residencias na Coruña

Complementa as actuais bolsas de creación no estranxeiro

26/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte

Trala reformulación do concepto museístico, o Museo de Arte Contenmporánea de Gas Natural Fenosa (MAC), chamado antigamente MACUF, acaba de ampliar tamén o seu programa de formación a artistas. Ademais de manter o seu programa de bolsas de creación para artistas galegos no estranxeiro, acaba de convoca r o programa dez residencias artísticas (4 artisas internacionais e 6 para artistas locais). Un proxecto que empezou de forma piloto en 2012 e que este ano concreta o seu modelo.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Están destinadas a 4 artistas internacionais e a 6 da provincia da Coruña. Poderanse disfrutar en dúa quendas (do 1 de maio ao 30 de xuño e do 1 e outubro a 30 de novembro) e implica a cesión dun espazo, unha axuda económica (3.500 € no caso das residencias internacionais e 600 no caso das residencias locais) máis as comidas de luns a xoves no comedor do museo.
A directora do museo, Carmen Fernández, explica que “o cometido é continuar coa liña de apoio a artistas e creadores” e en 2014 poder facer unha exposición de conxunto co resultado da iniciativa piloto en 2012 máis as residencias deste 2013. Deste xeito, a director explica que “temos a presenza de creadores galegos no estranxeiro, de creadores estranxeiros en Galicia e de creadores da Coruña convivindo con outros estranxeiros no seu contorno" así asume que "o círculo está completo”

Tal e como figura no seu sitio web, o Programa de Residencias Artísticas 2013, pretende “incentivar a investigación e a produción artística, facilitar a produción artística local, contribuír á promoción dos creadores, promover a mobilidade internacional e intercambio de artistas e outros profesionais da cultura”.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Fenosa, Macuf

Claves

Entidades
Lugares