O Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa entrega tres bolsas de 16.000 euros para que artistas galegos visiten o estranxeiro

Bolsas de viaxe

2/8/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Tres artistas galegos menores de trinta e cinco anos, Carlos Maciá, Martín Pena e Ana Soler visitarán respectivamente Nova York, diferentes países de Europa e Xapón. As súas estancias estarán financiadas por cadansúa bolsa de creación artística de dezaseis mil euros que lles acaba de conceder o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF). Esta institución outorga cada dous anos estas bolsas para favorecer o traballo dos creadores galegos no exterior.

Máis información en La Voz de Galicia e no noso tema sobre o MACUF

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, Fenosa, Macuf, Culturagalega...