Antón Cabaleiro, Victoria Diehl e Tamara Feijoo fanse coas bolsas de creación artística Gas Natural Fenosa

Reciben 16.000 euros para desenvolver os seus proxectos

17/8/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Son unhas das bolsas de creación artística máis prestixiosas tanto pola calidade dos proxectos que se presentan como pola contía destes galardóns (nesta ocasión son 16.000 euros para cada galardoado). Neste 2011 os gañadores son Antón Cabaleiro (Santiago, 1977), Victoria Diehl (A Coruña, 1978) e Tamara Feijoo (Ourense, 1982). Os tres completarán en Nova York, Viena e Alemaña (Berlín e Kassel) respetivamente, os seus proxectos. NO caso de Cabaleiro trátase dunha videoinstalación titulada “Synchronized Landscapes”, no de Diehl é un proxecto fotográfico e de investigación que leva por nome “Venus anatómicas”. Pola súa banda, Feijoo ponlle o título de “Naturalezas invasoras” á súa proposta. O resultado dese traballo, máis outras mostras da súa obra, conformará unha exposición que Gas Natural Fenosa organizará antes que remate o ano 2014.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

04/10/2011

Liñas cruzadas

Félix Fernández exhibe na Coruña o resultado creativo da súa bolsa Unión Fenosa

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fenosa, Ourense, Berlín, A Coruña...