Nace en Redondela A Fedora, Conserveira cultural

O novo espazo acollerá proxectos de música ou de artes escénicas e ofertará unha programación estable

4/3/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: músicaespectáculosteatro
25 lecturas | Compartido 0 veces

Este 2 de marzo abría as súas portas en Redondela A Fedora. Co epígrafe Conserveira cultural, este novo espazo recupera para o público unha antiga nave industrial da vila. Da man da Asociación Cultural A Fedora, este espazo propón manter unha programación estable de concertos e artes escénicas.
A entidade que promoveu a iniciativa anuncia ademais que está aberta a recibir solicitudes de proxectos culturais que precisen dun espazo para o seu desenvolvemento. Residencias artísticas e técnicas, clown, teatro, música ou mesmo formación e xornadas son algunhas das propostas que a asociación agarda acoller no futuro.

A sesión inaugural contou con Alfonso Gharabillo, Sofía Espiñeiro, o Cabaré de Circo e mais a música de Joy and the Smoking Machines. O nome da Fedora que se aplicaba á nave, e que este proxecto reivindica, deriva do cheiro que producía a fábrica de aceite de peixe que estaba instalada no local.

Universo culturagalega.gal

08/03/2018

O 8 de marzo cultural

Ciencia, audiovisual, música ou espazo público protagonizan os actos de reivindicación da muller desde a cultura

Contextos

Claves

Lugares