Sinsal traslada o seu festival ao espazo coruñés NORMAL

Obradoiros, debate e artes escénicas complementarán o proxecto musical

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Despois de varios anos tendo o MARCO como sede dos seus proxectos, o colectivo Sinsal traslada o seu festival a Coruña, ao espazo de intervención da universidade que se chama NORMAL. Non é só un cambio de espazo físico, senón tamén un novo formato dando cabida a obradoiros, debates e artes escénicas. Mañá mércores (24 de outubro) arrinca o novo proxecto e faino coa exposición “O disco é NORMAL” que fai unha introducción á historia do soporte sonoro (coa colaboración da Cidade da Cultura), máis cunha performance-cinema de La Brecha.

La Brecha (colectivo formado por Rodrigo Losada, Marcos Nine, Bettina Korten, Ximena Losada, Elena Duque e Miguel Mariño) ofrecerá unha performance que afonda na exploración do límite entre refugallo e obra de arte. Nesta ocasión encargaranse de crear en vivo varias diapositivas a partir de residuos e a súa proxección inmediata. E que servirá de carta de presentación do que desenvolverán entre outubro e novembro.

Ademais, nesta ocasión Sinsal Busca que o evento trascenda os límites do exclusivamente musical. Farano cunha programación que abre a porta a outras disciplinas como o cinema, a literatura e as artes escénicas, pero tamén a outros formatos. Conferencias, debates e obradoiros que terán un cariz didáctico.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, Artes Escénicas, Cine, A Coruña...