A Universidade da Coruña estrea centro cultural

O edificio da Normal acollerá unha sala de exposicións e un auditorio

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A antiga sede de Maxisterio e de Comunicación Audiovisual na Coruña reabrirá as súas portas como novo centro cultural da Universidade. Recuperando o nome popular de A Normal, o espazo albergará un auditorio e unha sala de exposicións, así como as actividades da Universidade Senior. Unha exposición do grafiteiro Nano 4814 servirá para inaugurar o espazo nun tempo previsto de quince días. Unha performance de Carlos Neira e Antía Otero completarán o programa inaugural. O reitor, José Antonio Barja, anunciou que a intención da universidade e concentra neste espazo boa parte da oferta cultural da Universidade e desenvolver unha programación estable.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Universidade da Coruña, Antía Otero, Nano...