Os sons que nos definen

O programa Nosomoson leva á Sala Normal da UDC o mundo sonoro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Un programa de mes e medio baseado na experimentación co son. Esta é a oferta que fai a sala Normal, da Universidade da Coruña ata o final deste mes. Nosomoson mestura arte, performances, documentación sonora e interactividade co público a reivindicar o mundo que coñecemos polo ouvido. Se o Macrófono de Escoitar.org percorría recentemente as rúas da cidade rexistrando os seus sons, na sala continúan a se expor diferentes pezas que teñen o son como principal elemento, e ata o vindeiro 27 de abril poden verse diferentes proxeccións e concertos.

Desde as instalacións interactivas de Berio Molina ou Servando Barreiro, á roupa sonora que Igmig poñen a disposición do público ou as esculturas con son de Manuela Barile, a exposición convida a se achegar á arte con novos sentidos e a descubrir os xeitos de vivir o son.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade da Coruña, Servando Barreiro, Berio Molina