Unha vintena de espectáculos artísticos de pequeno formato danse cita na Cidade da Cultura de Galicia no vindeiro 20 de agosto no marco do festival Cidade Imaxinaria. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaba esta mañá o proxecto, que reúne música, danza, teatro e circo no que quere “ser unha homenaxe e servir de apoio ao mundo das artes escénicas”. No proxecto tamén haberá obradoiros sobre ecoloxismo, proxeccións audiovisuais ou artes escénicas.

