A Cidade da Cultura volta ser un circo

O Gaiás acolle a terceira edición do programa Cidade Imaxinaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Cidade da Cultura volta ser un circo

O vindeiro 24 de agosto a Cidade da Cultura volta a se transformar nun circo. Por terceiro ano consecutivo o festival Cidade Imaxinaria levará ao monte Gaiás, en Compostela, animación de rúa, ilusionismo, malabarismo ou teatro. Serán un total de 19 funcións ao longo de todo o día a cargo en diferentes pases a implicar 100 artistas. Títeres, teatro, zancudos, música e todo tipo de entretementos orientados ao público familiar ocuparán o lugar a partir das once da mañá. Ademais das actuacións haberá obradoiros de cociña, aromaterapia, maquillaxe ou globoflexia para os máis novos e postos de doces e comida.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un sábado para imaxinar

Un sábado para imaxinar

A Fundación Cidade da Cultura xunta nun día 100 artistas nunha xornada para público familiar

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Teatro, Animación, Cidade da Cultura de Galicia...