Comeza en Ferrol o VI festival Fóra do mapa

O encontro de artes escénicas inclúe teatro, danza, obradoiros e actuacións en espazos patrimoniais

10/10/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

O barrio da Magdalena de Ferrol acolle entre os días 10 e 15 de outubro a sexta edición do festival de artes escénicas Fóra do Mapa. O programa céntrase en pezas de carácter contemporáneo a combinar as artes escénicas con espazos patrimoniais. Obradoiros, actividade de rúa e teatro e danza atópanse nesta iniciativa.

Santiago Sánchez abre o festival o día 10 cun obradoiro que se desenvolve ata o día 13. Marc Caellas e David G. Torres inician o programa escénico o día 11 con Suicide Notes. O 12 serán La Soledad con El paseo de Robert Walser e Diego Anido con O deus do pop quen protagonicen a xornada.

As sesións de teatro miúdo contarán con propostas breves a cargo das compañías Bea García e Desiree Privado, Nelu Vermouth, Microefectos Dramatúrxicos, Melania Cruz, Iago García e Hermanas Gestring, que tamén levarán a escena Adora a las hermanas Gestring. Cristina Blanco fechará o festival con Grandissima Ilusione o vindeiro sábado 15 no Teatro Jofre.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Teatro, Obradoiro, Danza...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares