Nieves Rodríguez, nova presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

A meirande parte da directiva mantense por dous anos máis

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroAudiovisual
Compartir:
Nieves Rodríguez. Foto: Cris Andina

Nieves Rodríguez. Foto: Cris Andina

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebrou o pasado domingo unha asemblea xeral para escoller a nova Xunta Directiva que, durante os dous próximos anos, encabezará a este colectivo sindical que aglutina a máis de 300 profesionais da interpretación e da dirección. Tras o escrutinio, resultou elixida como nova presidenta Nieves Rodríguez, que sucede no cargo a Ernesto Chao. Pola súa banda, Mabel Rivera repetirá na vicepresidencia e Iria Sobrado, na secretaría. O conxunto da directiva, conformada por un total de 12 persoas, está integrada -ademais das tres actrices xa citadas- por Santi Romay, Laura Míguez, Machi Salgado, Sheyla Fariña, Diego Freire, Marta Lado, Martín Máez, Susana Sampedro e Toni Salgado.

Nieves Rodríguez é coñecida para o gran público polo seu traballo tanto como actriz como presentadora. No ámbito da interpretación, Rodríguez formou parte de elencos de series como Gondar, Rías Baixas ou Pazo de Familia e telemovies como Más que hermanos. Como presentadora, exerceu en programas como Luar, Desde Galicia para el mundo, O fío do retrato, Vaia Troula ou A tarde é nosa. A actriz releva no posto a Ernesto Chao, que foi elexido en setembro do pasado ano e solicitou o relevo no posto. Rodríguez xa formaba parte a anterior directiva, como a meirande parte dos que están nela agás Sheyla Fariña e Susana Sampedro que entran en substitución de Xavier Estévez e Lucía Sá.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Ernesto Chao, Mabel Rivera, AAAG...