Ernesto Chao é o novo presidente da Asociación de Actores e Actrices

A asemblea da entidade ratificou a Mabel Rivera como vicepresidenta

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Ernesto Chao é o novo presidente da Asociación de Actores e Actrices

A Asociación de Actores de Actrices de Galicia (AAAG) celebrou onte, 11 de setembro, unha asemblea xeral na que os membros escolleron nova directiva. Da votación saíu a elección de Ernesto Chao como novo presidente, mentres continúan nos seus postos Mabel Rivera na vicepresidencia e Iria Sobrado como secretaria. A directiva complétase con Nieves Rodríguez, Laura Míguez, Diego Freire, Santi Romay, Machi Salgado, Martín Máez, Toni Salgado, Xavier Estévez, Marta Lado e Lucía Sá como vogais. Chao, que foi un dos fundadores da AAAG, substitúe a Vicente Mohedano ao cargo da entidade e encara un mandato de dous anos, segundo establecen os estatutos.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ernesto Chao, Mabel Rivera, AAAG, Xavier Estévez

Claves

Entidades