A Asociación de Editores muda a súa directiva

Laura Rodríguez substitúe a Manuel Bragado á fronte da entidade

17/6/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A asemblea extraordinaria que a Asociación Galega de Editores celebrou na tarde de onte na sede do Consello da Cultura Galega, en Compostela, elixiu a nova directiva desta entidade. Laura Rodríguez Herrera, de Hércules de Ediciones, que viña desempeñando o cargo de secretaria pasa a ocupar a presidencia. Manuel Bragado, a quen substitúe, fica na directiva como vocal. Canda a eles, Xosé Aldea, de Ouvirmos, incorpórase como vicepresidente, mentres Gemma Sesar de El Patito ocupará o cargo de secretaria e Chus Gómez, de Rodeira-Edebé, será a nova tesoureira.

Tamén participan como vocais Xulio Amigo, de Galaxia, Antón Lado, de 2.0 Editora, Benigno Paz Ramos, de Kns Edicións e Francisco Sánchez, de La Voz de Galicia. A nova presidenta sinalou a súa vontade de "encetar un tempo novo necesitado de constante renovación", segundo sinala o web da Asociación.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Manuel Bragado, Xosé Aldea, Hércules de Ediciones...