A Asociación Galega de Editores muda a súa directiva

Xosé Ballesteros foi elixido como novo presidente da entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xosé Ballesteros. Fonte: Kalandraka

Xosé Ballesteros. Fonte: Kalandraka

Os editores galegos renovaron esta fin de semana a súa directiva. A asemblea da Asociación Galega de Editores escolleu a Xosé Ballesteros, responsable de Kalandraka e único candidato para o posto, para presidir o novo mandato desta entidade. Acompáñano na nova executiva deste organismo Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora como vicepresidente, Belén López, de Baía Edicións, no cargo de secretaria e María Xesús Gómez, de Rodeira, como tesoureira. Entran tamén na directiva, como vogais, Laura Rodríguez, de Hércules, Fran Alonso, de Xerais e Xulio Amigo, de Galaxia, e Tomás González, de Urco Editora.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Asociación Galega de Editores, Xosé Ballesteros, Henrique Alvarellos...