Os editores galegos elixen a Manuel Bragado como presidente

O director de Xerais conseguiu o voto unánime dos membros da AGE

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Manuel Bragado. Foto: CCG

Manuel Bragado. Foto: CCG

A Asociación Galega de Editores (AGE) escolleron onte en asemblea a Manuel Bragado, director de Xerais, como novo presidente. Canda a el, conformarán a nova directiva Belén López, de Baía como vicepresidenta, Laura Rodríguez, de Hércules de Ediciones, como secretaria, e Xelasio Suárez, de Ir Indo de tesoureiro. Completan os cargos Paco Villegas, de Cumio, Xosé Aldea, de Ouvirmos, Xulio Amigo, de Galaxia e Consuelo Carreira, de Sotelo Blanco como vogais. A elección produciuse por unanimidade, cun programa que pretende a continuidade nos proxectos xa iniciados, a defensa dos intereses gremiais, e mais o consenso e a cooperación entre os membros do colectivo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Bragado, Editores, AGE, Xosé Aldea...