A Asociación Galega de Editoras (AGE) vén de renovar a súa Xunta Directiva. O novo presidente, Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora, releva no cargo a Xosé Ballesteros, director de Kalandraka, no remate do seu mandato de máis de catro anos. O presidente saÃnte, Xosé Ballesteros, fixo balance destes catro anos e medio á fronte da Asociación, nos que destacou o saneamento das contas, a contratación da nova secretarÃa técnica e apertura da sede social no centro de Santiago, a ampliación da base asociativa ata un número de 40 editoriais, a presenza activa nas máis importantes Feiras Internacionais do Libro e a incorporación da AGE na Xunta Directiva da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE).
A renovación da directiva da AGE produciuse no marco dunha asemblea extraordinaria celebrada por vÃdeoconferencia, e convocada expresamente con esa finalidade. A lista encabezada por Henrique Alvarellos e con Ana Guerra (Obradoiro Edicións) coma vicepresidenta foi a única candidatura presentada e resultou elixida por unanimidade, cinco dos nomes da actual directiva, incluÃndo o de Alvarellos, xa formaban parte do equipo da asociación. Paz Castro, de Kalandraka, entra no cargo de Secretaria mantendo asà a representación da súa empresa e Francisco Castro, de Galaxia editorial, entra como vocal electo substituÃndo pola súa empresa ao falecido Xulio Amigo. Como nova incorporación na representación de empresas na directiva entra Laura RodrÃguez, de Hércules de edicións. Ademais de Ballesteros deixa a cùpula xestora da organización Andrea Jamardo (Urco editora). Polo de agora, Xosé Ballesteros mantén a súa vocalÃa na Federación de Gremios de Editores de España, coma única representación da industria editorial galega.