O proceso de diálogo aberto entre a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a SecretarÃa xeral de Cultura empeza a facer mudar a situación relativa ás feiras internacionais do libro. A ConsellerÃa de Cultura e Educación fixo público o envÃo dunha carta a AGE na que se ofrece aos editores un stand para participar este ano nas feiras internacionais do libro de Frankfurt, de Guadalaxara (México) e de Liber. O stand nestas tres feiras será aboado integramente con fondos públicos do orzamento da SecretarÃa Xeral de Cultura e destinarase tanto á realización de reunións de traballo como á difusión da creación literaria, da ilustración, da industria editorial galega e, en xeral, da cultura de Galicia. Segundo a proposta do departamento dirixido por Anxo Lorenzo a atención do stand correrá a cargo dunha persoa da AGE e doutra da SecretarÃa Xeral de Cultura, auxiliadas por unha persoa da empresa contratada para a xestión en cada feira. Segundo declarou a este medio Xosé Ballesteros, presidente da AGE, a asociación aÃnda non ten unha valoración sobre esta proposta e agarda a unha reunión da directiva que se levará a cabo nos vindeiros dÃas para levar a cabo unha reflexión desde o colectivo e dar a postura da AGE ante este ofrecemento da administración. A un nivel persoal Ballesteros, director de Kalandraka Editora, considerou positivo que a Xunta reconsiderara a súa postura inicial.
En relación ás propostas da AGE sobre o uso do stand, a SecretarÃa Xeral de Cultura confirma que este estará ao dispor "de todos os axentes do libro que o desexen", non unicamente das asociacións gremiais. A este respecto, Cultura explica que, "como departamento da Administración pública autonómica, debe actuar conforme aos principios de servizo á cidadanÃa, de neutralidade e de salvagarda dos dereitos da cidadanÃa, que deben exercerse en condicións de igualdade sen producir diferenzas de trato".
Novo modelo para os vindeiros anos
De cara á posta en marcha dun novo modelo de asistencia ás feiras internacionais do libro para os vindeiros anos, a Administración autonómica considera oportuna a proposta da AGE de articular a presenza galega nas feiras internacionais a través dun stand colectivo coa participación do gremio de editoras, da Xunta e das outras administracións que consideren de interese público a súa presenza nestas citas culturais. Para Anxo Lorenzo, "a participación económica nesta iniciativa debe ser equilibrada, igualitaria e adecuada para a consecución dos fins de cada unha das entidades participantes", para o que lle propón á AGE “empezar a traballar conxuntamente todos os colectivos interesados, co obxecto de asegurarmos a presenza do novo stand nas feiras do ano 2019 e seguintes”.