A presidencia da Asociación Galega de Editoras ven de confirmar que entra a formar parte da Xunta Directiva da Federación de Gremios de Editores de España. Xosé Ballesteros, da Editorial Kalandraka e presidente da asociación galega é xa vogal do órgano de goberno da FGEE, despois dunha reiterada reivindicación que se vén facendo nos últimos anos por parte da actual directiva da AGE. A FGEE, creada en 1978 para representar e defender los intereses xerais do sector editorial representa aos gremios de Madrid, Cataluña, Euskadi, AndalucÃa, Galicia, Valencia e Castela e León, ademais da Asociación Nacional de Editores de Libros y Material de Enseñanza (ANELE) e a Associació dÂ’Editors en Llengua Catalana (AELLEC). Esta decisión foi aprobada na FGEE no mes de marzo e onte foi ratificada na súa asemblea ordinaria. Por parte da AGE esta decisión que é recibida de xeito moi positivo como un recoñecemento ao traballo desenvolvido pola asociación na defensa e representación do sector editorial galego ao longo dos 37 anos de existencia, traballo que se verá reforzado agora desde a propia Federación española. A AGE está formada actualmente por 40 empresas que publican máis do 90% da produción editorial galega.