A agrupación Cultural Alexandre Bóveda celebra o seu vintecinco aniversario cun festival de poesía, humor, música e teatro que se celebrará o día vintedous na Coruña. Mentres, un local que se ten convertido nun clásico da nosa cultura, a librería Follas Novas, fai estes día trinta anos e celébrao coa publicación dunha escolma poética dentro da súa colección "Libros da Frouma".
Alexandre Bóveda
Aínda que a agrupación Alexandre Bóveda nacía oficialmente na Coruña o dezasete de agosto de 1976, corenta anos despois do fusilamento do persoeiro que lle dá nome, a celebración dos seus vintecinco anos de actividade desenvolverase o vindeiro día vintedous.
O acto comezará ás oito e media da tarde no teatro Rosalía de Castro da Coruña e comprenderá os poemas de María do Carme Kruckenberg acompañados da música Jazz de Nani García. Lino Braxe achegará máis poesía co seu espectáculo "A caricia da xente", e Mofa e Befa, acotres que mantiveron unha estreita relación coa agrupación nos seus comezos. O acto pecharase coa actuación do cantautor portugués José Mário Blanco, todo isto presentado por Flor Maceiras e Xurxo Souto.
A agrupación naceu coa intención de recupera a nosa cultura logo dos dificiles anos do franquismo e acadou consolidarse como unha das máis importantes de Galicia. O seu local na Cidade Herculina, con máis de catrocentos metros cadrados, ten sido escenario de concertos, representacións teatrais, conferencias e un sinfín de actividade que van desde os cursos de fotografía ás presentacións de libros, chegando nos últimos anos a unha media de cen actos cada doce meses. Ademais, este local tamén é aínda a sede da Federación de Asociacións Culturais, un colectivo que a Alexandre Bóveda pretende recuperar con ocasión deste aniversario.
Vellas Follas Novas
UNha das librerías máis emblemáticas do noso país, a compostelá Follas Novas, fai estes días os seus trinta anos de actividade. Situada no ensanche da Cidade do Apóstolo, este local tense consolidado como unha referencia na merca de libros con catro plantas distribuidas temáticamente.
Para celebrar os trinta anos de funcionamento, a librería publica, por medio da súa editora, "Escolma de aniversario", unha escolla de poemas da nosa literatura que abrangue desde Meendinho a Salvador García Bolaño. Esta colectánea foi realizada por Teresa Monteaguro e Luis Alonso Girado e conta coas ilustracións de Baldo Ramos. Entre os poetas incluídos atopamos todos os clásico das nosas letras: Rosalía, Curros, Álvarez Blázquez ou Bouza Brey entre outros. O libro encádrase na colección "Libros da Frouma" editada pola mesma editorial.