A Coruña acollerá o congreso sobre Jenaro Marinhas del Valle

O encontro organizado pola AGAL celebrarase entre o 26 e o 28 de febreiro

16/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Xa está próximo o anunciado congreso encol Jenaro Marinhas del Valle. O encontro, organizado pola Associaçom Galega da Língua, analizará entre os días 26 e 28 deste mes os diferentes aspectos deste escritor e activista cultural. A Coruña acollerá o congreso para o que xa se poden remitir comunicacións arredor da propia figura de Marinhas, da tradición galeguista na que se integrou ou da propia cidade da Coruña e o seu lugar na construción do galeguismo. O programa do evento inclúe un texto biográfico no que tamén se reflicte o seu traballo a prol do reintegracionismo.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, AGAL, Associaçom Galega da Língua

Claves

Lugares