Celanova acollerá un congreso internacional sobre patrimonio no rural

O sOpA celebrarase entre o 22 e o 27 de setembro

26/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A segunda edición do sOpA: Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural celebrarase en Galicia. Celanova acollerá o entre o 22 e o 27 de setembro as xornadas deste encontro que busca "conectar proxectos, colectivos e novas metodoloxías vinculadas coa xestión social do patrimonio no medio rural". O equipo organizador do encontro está composto maioritariamente por colectivos galegos (PAPAROCA Cultural & Social Worlds, Xeitura e a asociación A Bela Auria), canda aos estremeños Underground Arqueología. No programa, para alén de coñecer propostas de diferentes países arredor do tema do congreso, desenvolveranse tamén obradoiros e actividades de dinamización na propia vila, ademais de unha parte do programa centrada de xeito particular no noso país.

O encontro preséntase oficialmente ás 17 horas desta tarde Salón de Graos do Edificio Facultades no Campus de Ourense no transcurso das III Xornadas A Historia no Medio, e ten xa aberto o prazo para enviar comunicacións.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

22/09/2014

Comeza en Celanova o SOPA'14

O congreso de socialización do patrimonio reflexiona sobre novas técnicas para divulgar e protexer a herdanza

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Medio Rural, Educación, Ourense

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares