Por primeira vez, o Congreso Internacional de Estudos Galegos celebrarase no noso paÃs. Tres anos despois da edición de São Paulo, a IX entrega deste encontro de investigadores da nosa cultura terá lugar en Compostela, Vigo e A Coruña entre os dÃas 13 e 17 de xullo. Segundo explicou o presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Burghard Baltrusch, o evento terá como eixe Galicia nos Contextos Globais: Perspectivas para o Século XXI, e acollerá 27 mesas redondas, catro conferencias plenarias e 79 relatorios. En total, prevese a asistencia dun 250 investigadores de diferentes paÃses, dos que preto da metade chegan de universidades foráneas.
Entre outros temas, no evento abordaranse cuestións coma a presenza da cultura galega na rede, a música tradicional e o traballo de autores coma Ramón de Valenzuela, Eduardo Blanco-Amor, Manolo Rivas ou Suso de Toro entre outros. Tamén haberá espazo para cuestións de historia, lingüÃstica, dereito ou estudos culturais. Segundo explicou Baltrusch na presentación que se desenvolveu esta mañá na sede do Consello da Cultura, cada vez hai máis investigadores nestes encontros e dáse unha maior diversidade na temática dos estudos que se presentan.