
Os contidos desta proposta xorden de seis mesas temáticas e unha de conclusións e máis dun formulario de participación aberto. A institución salienta que "o carácter cualitativo e deliberativo" da iniciativa "dálle capacidade para detectar barreiras operativas que non adoitan aparecer nas estatÃsticas. A diversidade de perfÃs achega lecturas complementarias e evita nesgos de elite". As medidas propostas divÃdense en "inmediatas" que se poderÃan aplicar sen necesidade de mudanzas lexislativas ou regulamentares, e "estruturais" que xa precisarÃan de cambios neste sentido. A selección de ámbitos de actuación inspirouse en documentos como a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
A redefinición do modelo plurilingüe no ensino "centrándoo no galego", con liñas especificas na nosa lingua aparece como unha das reivindicacións destacadas destas conclusións. A isto súmanse unha aposta polo reforzo xeral dos servizos de normalización e a creación destes órganos en ámbitos especializados como a Sanidade ou a Xustiza. Canda a isto, apúntase a necesidade dunha avaliación completa das medidas a prol da lingua. Canda a isto, e segundo salienta o texto, "unha das conclusións principais é que faltan unhas condicións mÃnimas para que a normalización da lingua teña éxito". A listar os ámbitos transversais que presentan carencias, o documento apunta a coordinación entre diferentes institucións, unha infraestrutura dixital deficiente, falta de formación e de financiamento e a necesidade de establecer indicadores que permitan coñecer os avances en planificación e normalización lingüÃstica.
Por seccións, no campo da gobernanza e planificación, o documento apunta a necesidade de contar de xeito inmediato cun "ciclo anual de planificación, orzamento e seguimento, con rendición pública de resultados" no ámbito de normalización, e reclama a creación dunha guÃa que estableza procedementos, modelos e criterios de priorización. Tamén se reclaman "canles técnicas co Estado e co poder xudicial para acadar unha interoperabilidade documental e dixital". A un nivel máis estrutural, o foro sinala a necesidade de contar cunha mesa interdepartamental "con competencias claras e capacidade de decisión" no ámbito polÃtico, asà como dunha "unidade técnica permanente", e unha rede de servizos de normalización que poidan aplicar as propostas aprobadas. Neste apartado reivindÃcase tamén a "reforma do marco de planificación lingüÃstica" que afecte a "órganos, plans sectoriais e locais, avaliación sociolingüÃstica", un financiamento plurianual estables e mais a promoción do plurilingüismo na Administración xeral do Estado.
O ámbito de Contratación pública e calidade de servizo apoia como medidas urxentes a incorporación de cláusulas lingüÃsticas na contratación pública, de protocolos de atención en galego, a formación axeitada do persoal e o deseño de unidades piloto que operen integramente galego no eido da xustiza aparecen como proposta máis inmediatas. A un nivel estrutural apúntase á "ampliación e consolidación normativa e organizativa das unidades xudiciais en galego", a unha "regulación da oferta positiva do galego para o persoal ao servizo das administracións públicas", e a unha rede pública de Servizos de Normalización "con criterios comúns e financiamento estable" que deberÃan estar presentes tamén na Administración de Xustiza e no Sergas.
A Educación e Socialización deberá contar con "Modelos lingüÃsticos de centro con obxectivos por áreas e revisión anual", un repositorio institucional de materiais en galego e integración coas plataformas docentes habituais, segundo estas conclusións, como necesidades inmediatas. Tamén se sinala o interese de contar cun plan integral de formación do profesorado e apoio na aula para tecnoloxÃa e materiais en galego, evitar materias vetadas á nosa lingua, a creación de dispositivos de acollida lingüÃstica para alumnado e familias acabados de chegar, e un plan piloto de enriquecemento lingüÃstico voluntario. Oferta de extraescolares, campamentos e estadÃas urbanas, programación artÃstica e tecnolóxica, dinamización de espazos públicos, convenios con clubs e referentes culturais, e unha campaña ampla de apoio á crianza en galego, inclúense do mesmo xeito nas prioridades neste campo.
A nivel estrutural, as conclusións reclaman "opción estable de liñas en galego e redefinición do modelo plurilingüe centrándoo no galego", un "reforzo dos equipos de dinamización da lingua" con máis orzamento e horas de profesorado dispoñibles, a limitación a casos excepcionais da exención de lingua galega no ensino, plans lingüÃsticos especÃficos para ciclos de formación profesionais, incentivos para a docencia na nosa lingua nas universidades, ou a "recuperación e actualización do Preescolar na Casa con financiamento plurianual".
Arredor da infraestrutura dixital e tecnoloxÃas lingüÃsticas, de xeito inmediato reclámase un inventario das aplicacións esenciais por ámbitos de cara a garantir a facilitación do seu uso na nosa lingua, a integración de ferramentas de corrección, tradución ou ditado ou a exploración de Intelixencia Artificial para "a transcrición, xeración documental e apoio administrativo tamén en galego". A isto súmase, a un nivel máis estrutural, a contratación de produtos internacionalizados que garantan o mantemento lingüÃstico das súas interfaces ou a asistencia técnica.
O reforzo da programación infantil o desenvolvemento de novos contidos xuvenÃs e de ficción preadolescente, unha campaña para incrementar contidos e formatos en galego na aplicación RTVE Play ou visibilizar o catálogo xa dispoñible da Corporación de Servizos Audiovisuais (antiga CRTVG) en plataformas abertas aparecen como medidas máis inmediatas no ámbito de Medios, cultura e acción exterior. A isto súmase un "Código de boas prácticas informativas" que anime a respectar a lingua orixinal de declaracións e entrevistas nos medios, ademais de formación para redaccións e comunicación institucional, un programa de que apoie o desenvolvemento de podcasting, audiolibros e outras pezas dixitais e un "plan plurianual de dixitalización e licenzas do patrimonio audiovisual".
Nun aspecto estrutural, apúntanse ideas como a creación de incentivos fiscais ao mecenado canda a un fondo mixto público-privado de apoio á creación e distribución en galego, unha mesa de negociación coas plataformas globais para a visibilidade da nosa lingua ou a consolidación do Proxecto Nós. Tamén se propón a creación da plataforma colaborativa Lingua Aberta para incorporar contidos de todo tipo arredor da lingua, como textos, voz, vÃdeo subtitulado, dialectoloxÃa, e mesmo a posta en marcha dunha "rede galega global coordinada cunha estratexia común", a contar con entidades galegas no exterior.
O apartado de EconomÃa, turismo e deporte, o Foro reclama un programa integrado para empresas que facilite a realización Ãntegra dos procesos destas entidades no noso idioma, formación para comunicación corporativa, galeguización de contidos de turismo ou un programa de acompañamento para clubs profesionais de cara á conseguir a galeguización da súa actividade. A nivel estrutural saliéntase a etiquetaxe e comunicación en galego de Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas como unha medida desexable.
A importancia do asociacionismo como axente normalizador preséntase como un dos eixos que guÃan as propostas sobre Sociedade, crenzas e participación comunitaria. Deste xeito, a activación de redes locais de coordinación arredor da lingua, con plans de acción anuais, un apoio plurianual ao terceiro sector, con formación ou asesoramento, o impulso ao asociacionismo educativo ou a atención á diversidade e ás minorÃas aparecen como propostas neste ámbito, ao que se suma como iniciativa estrutural a creación dunha rede de consellos locais da lingua que favorezan a corresponsabilidade social no campo da normalización.
Na presentación do texto, o Consello da Cultura apuntou que esta proposta inicia un proceso que terá continuidade no tempo e que deberá ser avaliado, para o que propuxo realizar unha análise en cinco anos a valorar a implementación das medidas propostas e o seu impacto.