O foro participativo 'Un país coa súa lingua' presenta as súas conclusións

Celébrase mañá 2 de outubro en Santiago de Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O foro participativo 'Un país coa súa lingua' presenta as súas conclusións

O foro participativo 'Un país coa súa lingua' presenta as súas conclusións mañá 2 de outubro no Consello da Cultura Galega. Tratarase dunha sesión final "pensada para consolidar unha visión compartida" e "identificar e expresar as reflexións, suxestións e propostas fundamentais extraídas ao longo da celebración do foro para, a partir de aí, desenvolver principios e liñas de actuación que dean coherencia e continuidade ao conxunto do proceso". No debate que se realizará en aberto pode participar quen colaborou nas seis mesas anteriores ou calquera outra persoa. Ao final do foro anunciarase a realización dunha publicación final que recolla todas as achegas.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega