Propoñen un modelo educativo piloto co galego como lingua vehicular

Celébrase o primeiro dos foros participativos do CCG sobre o futuro do galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Xuntanza da primeira sesión do Foro Participativo / Foto: CCG

Xuntanza da primeira sesión do Foro Participativo / Foto: CCG

A primeira das sesións do foro participativo "Un país coa súa lingua" organizado polo Consello da Cultura Galega celebrouse onte con propostas ao redor de mellorar o papel do galego no ámbito educativo e, xa que logo, social. Unha das propostas máis relevantes é a creación dunha "medida piloto que posibilite unha liña de ensino voluntaria na que o galego teña máis presenza, que se desenvolva con carácter experimental, de modo voluntario e consensuado entre todos os axentes implicados (familias e centros) coa finalidade de ser implementada para compensar a menor presenza social do galego". A idea é "garantir a adquisición de competencias lingüísticas equivalentes en galego e castelán, algo que non se estaba a producir segundo as últimas cifras publicadas na Enquisa estrutura a fogares, coñecemento e uso do idioma galego realizada polo Instituto Galego de Estatística". O foro continuará nos vindeiros meses con outras mesas sobre administración, sanidade, comunicación, economía, sociedade e crenzas e un foro aberto en cidadanía. O foro está accesible na rede, pódese participar con cuestionarios ou presencialmente e producirá un documento final coas conclusións dos participantes.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía, Instituto Galego de Estatística, Consello da Cultura Galega, Ensino...