O Consello da Cultura Galega puxo en marcha a súa iniciativa para reflexionar de xeito colectivo sobre o futuro da lingua. Trátase dun "foro participativo" organizado a través de sesións temáticas que se irán distribuÃndo ao longo do primeiro semestre do ano e unha de conclusión no outono, como paso previo á redacción dun informe final. A primeira das sesións xa está convocada para o vindeiro 27 de febreiro e tratará sobre Educación e socialización, ao redor do papel do ensino en lingua galega e "o modelo no que se adquire a competencia da lingua galega na infancia e adolescencia". A mesa explorará "solucións para favorecer a transmisión interxeracional do galego". Será coordinada por Nel Vidal e por Dolores Vilavedra, que tamén coordina todo o proceso. A participación no foro está aberta a toda a cidadanÃa, tanto a través de medios dixitais, como un formulario de achega de propostas ou o acceso en streaming aos eventos, como coa súa participación presencial a través da inscrición habitual nas actividades do CCG. Tras as diferentes mesas, o CCG elaborará un documento propositivo "con medidas concretas e prioritarias para avanzar na recuperación do vigor do galego".
O CCG abre o seu foro participativo sobre a lingua reflexionando sobre a educación e socialización
Celebrarase o 27 de febreiro
