Ramón Facal no seu estudo
Case duascentas obras do artista Manuel Facal Ponte (Carballo, 1943- 2024) pasarán desde este sábado a formar parte do patrimonio público municipal do seu concello natal como era vontade do artista, pero que non se chegou a levar a fin en vida del. O alcalde, Daniel Pérez e máis as herdeiras de Facal formalizarán mañá un acordo polo cal o concello compra unha parte deste corpus artístico do pintor, gravador e escultor, mentres a outra parte chega en forma do doazón das herdeiras. Para este fin o concello decida unha cantidade de 50.000 euros á adquisición. As obras, de gran formato a maioría, aínda non teñen un destino de exhibición definido e manteranse en custodia en dependencias municipais ata telo. Desde a norte do artista, que formou parte do grupo Atlántica, deuse unha situación co inmoble onde se situou a súa fundación en vida do artista, xa que aínda que era vontade de Facal que alí se mantivese, tras o seu falecemento as herdeiras pecharon o espazo expositivo e puxeron os locais en aluguer, colocando á fundación do artista nunha situación indefinida que aínda está por resolverse.

